Skip to main content

zcMiclasico_400x200.gif

XIV Concentración Jornadas Patrimonio Vehículos Históricos Compostela Monumental

  • Desde:
    26 Septiembre 2026
  • Hasta:
    26 Septiembre 2026
  • Lugar:
    Santiago de Compostela, Galicia
  • Categoría:
  • Organizador:
    Automovil Club de Galicia
  • Email de contacto:
    automovilclubdegalicia@yahoo.es
  • Teléfono del evento:
    609291550
COMPOSTELA MONUMENTAL, AUTOMÓVIL CLUB DE GALICIA, XUNTA, DEPUTACIÓN DE A CORUÑA E O CONCELLO DE SANTIAGO ORGANIZAN O SÁBADO 26 DE SETEMBRO A XIV EDICIÓN DAS XORNADAS DE PATRIMONIO HISTÓRICO
 
CALCULASE QUE UN MÁXIMO DE 160 VEHÍCULOS HISTÓRICOS TERÁN O ACCESO CONFIRMADO Á CONCENTRACIÓN, OS QUE NON SE APUNTEN NON PODERÁN ACCEDER Á PRAZA
 
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, o Automóvil Club de Galicia, Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago de Compostela celebrarán o sábado 26 de setembro, na Praza do Obradoiro a "XIV edición da Concentración de Vehículos Históricos Xornadas de Patrimonio", unha cita clásica dentro da automoción do noroeste peninsular.
 
Tanto Compostela Monumental como o Automóvil Club de Galicia, estableceron un cupo máximo de participación de, 160 vehículos. Polo que non poderán acceder á Praza do Obradoiro ningún coche que no haxa realizado a sua inscrición previamente.
 
Contacto inscrición gratuita ao e-mail: automovilclubdegalicia@yahoo.es ou chamando ao teléfono: 609291550.
 
As Xornadas de Patrimonio, as organiza a nivel mundial a Federación Internacional de Automóviles Antiguos nas principais capitais do planeta. En Galicia se celebrará en Santiago de Compostela, gracias á iniciativa da Asociación de Comerciantes Compostela Monumental e o Automóvil Club de Galicia, en colaboración có Concello, cobrando protagonismo a Zona Monumental de Santiago como expresión máxima do Patrimonio máis internacional de Europa e España.
 
Os coches, coma en edicións anteriores, permanecerán en exposición en plena Praza do Obradoiro desde as 11:00 horas e ata as 19:00 horas para disfrute de veciños, curiosos, afeccionados e turistas.
 

José Manuel Bello Rey (Presidente de Compostela Monumental y COCAHI): "Esta concentración é unha das máis importantes de Europa das que organizan a FIVA e FEVA coincidindo coas Xornadas de Patrimonio e contribue como cada ano a dinamizar a zona histórica e otras da cidade durante eses días".

Juan Carlos Pérez Otero (Presidente do Automóvil Club de Galicia): "Tivemos que poñer o corte de asistintes en 160 vehículos para garantir a seguridade dos afeccionados, veciños e turistas que nos visitan e preservar o entorno patrimonial do Obradoiro. Creemos que as xornadas de Patrimonio en Santiago están moi consolidadas".

Compostela Monumental quere agradecer tamén o apoio incondicional do Grupo Regueira, e da empresa de productos de limpeza para automóbiles Sísbrill, McDonald´s Santiago, e o Corpo da Policía Local de Santiago de Compostela.

Últimos artículos en el blog